Estamos procesando a súa petición, espere por favor.
982 26 01 96 De luns a domingo de 9:00 a 20:00 horas
ES / GL / UK
Embarcadoiro da Deputación de Lugo -Ponte do Sil - Concello de Monforte de Lemos
Aberto
Canón do Sil

Embarcadoiro da Deputación de Lugo -Ponte do Sil - Concello de Monforte de Lemos

Embarcadoiro de Belesar Pobo -  Río Miño
Aberto
Cabo do Mundo

Embarcadoiro de Belesar Pobo - Río Miño

Preguntas frecuentes

Será necesario presentarse no embarcadoiro como mínimo 30 minutos antes da hora de saída da embarcación.

Como norma xeral non se permitirá o embarque de mascotas, coa excepción dos cans de asistencia, segundo o recollido na Lei 10/2003 de 26 de decembro sobre acceso ao entorno das persoas con discapacidade acompañadas de cans de asistencia.

Ademais do billete, será necesario presentar no embarcadoiro DNI/ carta de identificación ou pasaporte e, no caso de pasaxeiros con billete de tarifa reducida, a documentación que acredite a condición de beneficiario destas tarifas especiais (Carné Xove, tarxeta de  persoa desempregada, tarxeta acreditativa da discapacidade, etc.).

Malia que a embarcación "Mencía" que percorre o Canón do Sil é accesible na cuberta inferior, é imprescindible que as persoas que usen cadeira de rodas contacten antes de adquirir o seu billete coa central de reservas no teléfono 982 260 196 ou no fomulario de contacto da web para cercionarse das condicións de accesibilidade xeral do embarcadoiro (supeditadas ás variacións do nivel do encoro de Santo Estevo), así como das horas nas que está prevista a saída da embarcación "Mencía". 

A web expide billetes nominativos e personais, o que significa que para cada pasaxeiro serán necesarios como mínimo os seguintes datos: nome e apelidos, nº de DNI/ pasaporte ou documento equivalente e data de nacemento. 

Queres modificar unha reserva?

Se realizache unha reserva e queres facer algunha modificación, preme na seguinte ligazón